Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso con vistas e terreo en San Roque, Cangas

Ref: 3337
Piso
104 m2 construidos.
89 m2 útiles.
65 m2 de xardín.
Habitable
Venda: 95.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 1
Rocho. . . .
Garaxe. . . .
Zonas verdes. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Pendente

Negociable. Con vistas á ría de Vigo, garaxe para 2 coches e finca de uso exclusivo.

Descrición

Piso situado en San Roque, nos arredores de Cangas, zona con colexios e praias próximas e a poucos minutos do centro en coche. Facilidade de acceso desde aquí á zona rural (Aldán e Hio) e con servizos como o polideportivo Municipal do Gatañal, ou tendas de alimentación e restaurantes preto.

Distribúese nunha cociña independente con lavadoiro e un salón - comedor moi amplos e asollados con orientación ao sur e vistas ao mar. Tres dormitorios, un deles con balcón e un baño completo con bañeira.

Contan con garaxe en planta baixa, unha zona delimitada con capacidade para 2 coches e na parte traseira un pequeno terreo de uso exclusivo.

O edificio non ten ascensor.