Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Ático en venda na avenida de Ourense

Ref: 3348
Ático
87 m2 construidos.
Bo estado
Venda: 155.000 €
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 2
Rocho. . . .
Garaxe. . . .
Segunda liña de praia. . . .
Calefacción: Acumuladores
Amoblado. . . .
Cual. Enerx.: E
E dispoñible tamén para curso escolar, a 200m de Rodeira, con vistas e sol todo o día, con garaxe, rocho e ascensor.
Descrición

Dispoñible en venda e aluguer de curso escolar: este aluguer supón o cumprimento íntegro de contrato desde o inicio do curso até o mes de xuño inclusive (por tanto exclúe os meses de verán).

Piso situado na última planta de edificio, a 200m da praia de Rodeira, xusto en fronte do barrio do Forte e con vistas a leste e ao mar.

Está distribuído con salón e cociña independente á fronte, con sol todo o día e vistas, ambos con xanelas balconeiras e con saída desde a cociña a unha pequena terraza. O resto do piso esta repartido en dous dormitorios de bo tamaño con xanela cara ao patio interior, con moita luz por tratarse da última planta, do mesmo xeito que o baño xeral (con bañeira). Conta ademais cun segundo baño con prato de ducha e un cuarto interior actualmente acondicionado como pequeno tercer dormitorio pero que cuxo uso é o de zona de almacenamento da vivenda.

Conta con praza de garaxe con acceso por rampla e entrada desde a avenida de Ourense, de moi bo tamaño, rocho (ambos na planta de soto), auga quente por termo eléctrico (novo e situado na pequena terraza da cociña) e calefacción por discriminación horaria.

Trátase dun piso tremendamente luminoso pola súa orientación sur e por tratarse da última planta, non situado a pié de rúa por tanto nunha zona moi tranquila.

En caso de compra trátase dunha excelente opción tanto para vivenda habitual (polo seu tamaño) como para segunda residencia (moi preto da praia, sol, boa accesibilidade na zona, etc.).

Alúgase amoblada e cos gastos de comunidade incluídos, quedando por conta dos inquilinos os gatos de luz, auga e lixo. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato, así como a prestación de fianza equivalente a mes e medio de renda.