Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Local comercial en zona vella, en zona peonil

Ref: 3358
Local Comercial
29 m2 construidos.
27 m2 útiles.
Acondicionado
Aluguer: 400 €/mes
Cual. Enerx.: C

Ideal para un comercio, con moita visibilidade, situado a pé de rúa en zona de moito tránsito.

Descrición

Situado na Rúa Sol, en pleno centro de Cangas. Local con gran oportunidade comercial, ademais actualmente o cliente ten a posibilidade de acollerse a diferentes metros en función das súas necesidades, pódense sumar ou restar metros da parte traseira do mesmo, consultar estas opcións en: Al Sol M


O local está situado a pé de rúa, conta cun acceso desde a mesma sen escaleiras e un pequeno escaparate, no interior ten paredes de pedra que de dan un toque acolledor e rústico e que combinan coas clásicas paredes.


Ten o rótulo comercial e con iluminación estándar de comercio. O cliente que entra non ten que facer obras de acondicionamento fóra das relacionadas coa súa actividade, en relación ao tabique divisorio pode elixir entre realizalo á súa costa ou que o realice o propietario, nese caso axustarase a renda en función de se ese desembolso realízao unha parte ou a outra.


Conta cun aseo para uso privativo xa equipado.


Descártase calquera actividade relacionada coa hostalería.


En canto á Zona, é moi céntrica e estratéxica a nivel comercial, dentro da zona comercial peonil mellor situada de Cangas, a 5 minutos do as estación marítima e de autobús e á beira das diferentes entidades bancarias da Vila.


O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.


O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo.


Esíxense garantías de solvencia para formalizar o contrato, así como a entrega de dous meses de renda en concepto de fianza, poderase solicitar outra garantía adicional en función da solvencia.