Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Local comercial en zona vella, ideal para oficinas ou actividades.

Ref: 3362
Local Comercial
31 m2 construidos.
Aluguer: 350 €/mes
Cual. Enerx.: C

Acondicionado para entrar, conta con gran altura nos teitos que dá luminosidade e amplitude.

Descrición

Situado na Rúa Fonte do Galo, en pleno Centro de Cangas. Local con gran oportunidade comercial, ademais actualmente o cliente conta coa posibilidade de acollerse a diferentes metros en función das súas necesidades, pódense sumar ou restar metros da parte traseira do mesmo. Consultar outras opcións en AL. Fonte M

O local está situado a pé de rúa, conta cun acceso desde a mesma cun pequeno chanzo e un pequeno escaparate, no interior ten paredes de pedra que de dan un toque acolledor e rústico e que combinan coas clásicas paredes. O local é ideal para oficinas, despachos, consultas que requiran trato ao público ou realización de actividades. 


Conta co rótulo luminoso na parte externa e coa iluminación estándar de comercio. O cliente que entra non ten que facer obras de acondicionamento fóra das relacionadas coa súa actividade, en canto ao tabique divisorio e rampla de acceso, que pode elixir entre realizalo á súa costa ou que o realice o propietario, nese caso axustarase a renda en función de se ese desembolso realízao unha parte ou a outra.


Conta cun aseo para uso privativo xa equipado de case 5 metros e coa porta de acceso ancha de 80 cm.


Descártase calquera actividade relacionada coa hostalería.


En canto á Zona, é moi céntrica e estratéxica a nivel comercial, trátase dunha rúa paralela á rúa Sol, a 5 minutos do as estación marítima e de autobús e á beira das diferentes entidades bancarias e comercios da Vila.


E prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE/IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.


O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo.


Esíxense garantías de solvencia para formalizar o contrato, así como a entrega de dous meses de renda en concepto de fianza, poderase solicitar outra garantía adicional en función da solvencia.