Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Local comercial en zona vella, ideal para oficinas ou actividades.

Ref: 3366
Local Comercial
74 m2 construidos.
60 m2 útiles.
Bo estado
Aluguer: 400 €/mes
Cual. Enerx.: C

Acondicionado para entrar, conta con gran altura nos teitos que dá luminosidade e amplitude.

Descrición

Situado en Rúa Fonte do Galo, en pleno Centro de Cangas. Local con gran oportunidade comercial.


O local está situado a pé de rúa, conta cun acceso desde a mesma cun pequeno chanzo e un pequeno escaparate, no interior ten paredes de pedra que de dan un toque acolledor e rústico que combinan coas clásicas paredes. O local é ideal para oficinas, despachos, consultas que requiran trato ao público ou realización de actividades. 


O local dispón de rótulo luminoso e tamén iluminación estándar. O cliente que entra non ten que facer grandes obras de acondicionamento, soamente as relacionadas coa súa actividade.


A local conta na parte traseira cunha pequena horta que dá moita claridade e sensación de apertura con dereito de luces. Ten un aseo grande de case 5 metros cadrados e con porta de acceso ancha de 80 cm. Descártase calquera actividade relacionada coa hostalería.  


En canto á Zona, é moi céntrica e estratéxica, dentro da zona comercial peonil mellor situada de Cangas, a 5 minutos do as estación marítima e de autobús e á beira das diferentes entidades bancarias da Vila.   


E prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento. O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo. Esíxense garantías de solvencia para formalizar o contrato, así como a entrega de dous meses de renda en concepto de fianza, poderase solicitar outra garantía adicional en función da solvencia.