Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Apartamento no centro de Aldán

Ref: 3370
Piso
66 m2 útiles.
Bo estado
Aluguer: 350 €/mes
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 2
Garaxe. . . .
Zonas comúns. . . .
Calefacción: Acumuladores
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: E

Bonito apartamento no centro de Aldán, nunha zona tranquila moi preto da alameda e do porto e a poucos minutos da praia.

Descrición

Aluguer para o curso escolar: este aluguer implica a o cumprimento íntegro do contrato dende o inicio do curso escolar ata o mes de xuño inclusive (polo tanto, exclúe os meses de verán).

Bonito apartamento no centro de Aldán, nunha zona tranquila moi preto da alameda e do porto e a poucos minutos da praia.

Dispón de 2 habitacións (unha con cama de matrimonio e outra con dúas camas individuais), sala de estar, cociña totalmente equipada (con lavalouza, vitrocerámica, forno, neveira, microondas e lavadora) e dous baños, un no dormitorio principal. Tamén ten un pequeno patio con acceso dende o cuarto principal. A calefacción é por acumuladores ea auga quente é a terrmo eléctrico.

Na parte traseira do edificio hai unha magnífica leira para uso comunitario, que conta cunha zona de churrasqueira con tres reixas de pedra e unha pequena zona de relaxación con columpios para nenos, todo rodeado de carballos e con vistas espectaculares cara a ría. Na parte superior do edificio hai unha terraza para o uso de todos os veciños, dende a que hai vistas panorámicas do porto e do centro de Aldán.

O apartamento é totalmente accesible, con ascensor ata o garaxe.

Non se admiten animais

Alúgase amoblado e o prezo inclúe a comunidade. Son de cargo do inquilino os recibos de auga, luz e lixo. Esixense garantías de solvencia para a formalización do contrato, así como unha fianza equivalente a un mes e medio de renda.