Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso con balcón e vistas en Cangas

Ref: 3377
Piso
79 m2 construidos.
69 m2 útiles.
Planta 2
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 2
Trasteiro. . . .
Garaxe. . . .
Calefacción: Acumuladores
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: E

Vivenda en aluguer en Cangas, con balcón e vistas, garaxe, rocho e ascensor na zona da Pedra Alta.

Descrición

Dispoñible en alugueiro de tempada: este alugueiro supón o cumplimiento íntegro de contrato desde o inicio do curso ata o mes de xuño inclusive (por tanto exclúe os meses de verán).

Piso situado na Pedra Alta, preto da rotonda dos Mexillóns, con bo acceso á Vía Rápida, ás praias do rural e á beira do núcleo urbano.

Distribúese en 2 dormitorios, o principal con acceso a un balcón amplo con vistas á ría de Vigo; cociña independente, con amplo mesado e acceso a un lavadoiro; salón comedor; 2 baños, un xeral con bañeira e outro no dormitorio principal con ducha e exterior. Os armarios son encaixados en cada dormitorio.

Ten calefacción por acumuladores e auga quente sanitaria mediante termo eléctrico. Conta con xanelas de dobre cristal Isolar achegando un bo illamento á vivenda.

O edificio ten ascensor e conta con praza de garaxe e rocho.

Ten calefacción por acumuladores eléctricos e auga quente sanitaria mediante termo eléctrico. Conta con xanelas de dobre cristal Isolar achegando un bo illamento á vivenda.

Alúgase amoblado. O prezo inclúe a comunidade e os gastos a cargo do inquilino son luz, auga e lixo.

Non se admiten mascotas.

Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato así como a presentación dun seguro fronte a falta de pagamentos de cuxo pago se fará cargo a parte arrendadora.

A fianza é a esixida por lei para este tipo de contratos (consultar). Compatible con deduccións fiscais.