Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso moi amplo ao lado do Auditorio de Cangas

Ref: 3393
Piso
108 m2 construidos.
Venda: 135.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 2
Rocho. . . .
Garaxe. . . .
Calefacción: Acumuladores
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Pendente

Vivenda de gran tamaño, con ascensor, garaxe e rocho, no centro de Cangas, á beira do Auditorio Municipal.  

Descrición

Piso situado na Avda. de Lugo, á beira do Auditorio Municipal. Ben situado, a un paso do núcleo urbano e tamén con bo acceso á Vía Rápida.

Conta con 3 dormitorios, dous deles teñen acceso por porta balconera a patios de luces por estar a vivenda nunha primeira planta. Cociña independente con lavadoiro anexo; salón - comedor amplo con vistas despexadas a Coiro e 2 baños, un xeral con bañeira e outro no dormitorio principal con prato de ducha.

Armarios encaixados en todos os dormitorios e bo illamento con dobre xanela en todas as estancias. Calefacción eléctrica por acumuladores e termo eléctrico para á auga quente sanitaria.

O edificio conta con ascensor que accede tamén á planta de soto. Véndese con garaxe e rocho.

O prezo de venda inclúe mobles e electrodomésticos.