Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Baixo con bar en funcionamento

Ref: 3433
Local Comercial
170 m2 construidos.
Aluguer: 700 €/mes
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Alúgase local destinado actualmente a bar no Eirado do Costal, Cangas.

Descrición

Alúgase baixo dun edificio de pedra na praza Eirado do Costal, con bar actualmente en funcionamento.

O local está dividido en dúas estancias; desde a entrada cara á parte traseira da edificación atopamos a primeira zona na que se sitúan a barra e mesas no lateral e hai outra zona interior comunicada coa anterior a través  dun paso en pedra, que fai que a edificación conserve o encanto da zona na que está situada.  

Conta con dous aseos e zonas de almacén.  Dispón de terraza na mesma praza. 

Ademais da fianza mínima obrigatoria (equivalente a dúas mensualidades de renda), o aluguer require que o inquilino presente garantías económicas que garantan o pago das mensualidades: valorarase a presentación dun seguro fronte falta de pagamentos. 

Existe outra opción, a do traspaso (dispoñible actualmente), na que o arrendatario adquire en propiedade o mobiliario e equipamento (consultar condicións do traspaso e garantías económicas neste caso).  

Dispoñible en aluguer a partir de outubro de 2019.