Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa en Meira con vistas á ría

Ref: 3461
Casa
273 m2 construidos.
1.600 m2 de parcela.
Venda: 410.000 €
Habitacións. . . . 4
Baños. . . . 3
Calefacción: Eléctrica
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: D

Casa-chalet en Isamil (Moaña) asollada todo o día composta de soto e dúas plantas

Descrición

Casa-chalet situada no lugar de Isamil, Meira (Moaña). Con excelentes vistas á ría de Vigo e moi luminosa. Está situada nunha leira pechada de aproximadamente 1.600 m2. axardinada, nunha contorna tranquila e aberta, onde pola súa orientación e emprazamento elevado fan que sexa asollada todo o día.

A vivenda componse de soto e dúas plantas. O soto de 50 m2. atópase metade lóbrego con algún complemento (sala de estar e mesa de comedor) comunicado con escaleiras interiores totalmente terminadas, coa planta baixa. Á planta baixa de 105,50 m2. accédese a través dun soportal de 16,90 m2. e componse de salón, cociña independente, comedor, unha habitación con cama de matrimonio e un baño con ducha, todo exterior. A primeira planta de 73,90 m2. componse de tres dormitorios e dous baños con bañeira, exteriores e con vistas abertas á montaña e estrada que chega á casa.

No circundado axardinado atópase un asador, unha mesa de pedra, unha pequena piscina portátil e na entrada da casa pódense estacionar varios vehículos. O xardín está moi coidado e con excelentes vistas, tanto á ría de Vigo como á montaña.

Sitúase a 5 minutos en coche da praia da Xunqueira e do centro de Moaña, con acceso a todos os servizos e a outros 8 minutos en coche do acceso á vía rápida.

A vivenda atópase amoblada pero podería negociarse sen mobles.