Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Ático en Rodeira con excelentes vistas ao mar e á montaña

Ref: 3485
Ático
122 m2 construidos.
100 m2 útiles.
Impecable
Venda: 285.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 2
Rocho. . . .
Garaxe. . . .
Segunda liña de praia. . . .
Calefacción: Calor azul
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: D

Composto de tres dormitorios, dous baños, cociña e salón, todo moi luminoso e con garaxe, trasteiro e ascensor.

Descrición

Amplo ático de 100m2 útiles máis unha terraza de 10m2, situado na Avda. Xosé María Castroviejo, con estupendas vistas á Ría de Vigo e á montaña, a tres minutos andando da praia de Rodeira e a 200 metros da entrada á vía rápida.

Conta cunha terraza ampla e distribúese en tres dormitorios, o principal con saída á terraza, con armarios e todos exteriores con vistas excelentes; un baño xeral con bañeira hidromasaxe e un baño con ducha con mampara; ampla cociña independente con lavadoiro a patio interior e un salón grande e luminoso con cheminea de leña e con saída cara á terraza, na que se atopa un asador de pedra, con vistas tanto á ría de Vigo como á montaña.

A auga quente é a través de termo eléctrico e a calefacción é calor azul.

Véndese totalmente amoblado e equipado. Dispón de ascensor, rocho e dúas prazas de garaxe. Opcional outra praza de garaxe adicional.