Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Apartamento con vistas en Mar de Pedra

Ref: 3486
Piso
62 m2 construidos.
Bo estado
Venda: 155.000 €
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 1
Rocho. . . .
Garaxe. . . .
Zonas verdes. . . .
Segunda liña de praia. . . .
Calefacción: Calor azul
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Con terraza no dormitorio principal, exterior a dúas fachadas e ambas con vistas ao mar, de excelentes calidades.

Descrición

Apartamento situado na urbanización Mar de Pedra, cunhas fermosas vistas ao mar por ambos os lados e terraza no dormitorio principal.

Todas as súas estancias son exteriores e con vistas á ría, con cociña independente pero distribución aberta, distribuíndo desde o salón a todas as estancias, cun pequeno hall-distribuidor que antecede aos dormitorios e o baño.

Conta con lavadoiro anejo ao salón, calefacción por calor azul e acs por termo eléctrico.

A urbanización atópase moi preto das praias da Congorza (300 m) e Areamilla (12 minutos camiñado), e conta ademais con espazos verdes comúns e zona de aparcadoiro extra.

A vivenda forma parte dun edificio de excelentes calidades, con ascensor, e praza de garaxe e rocho ambos de gran tamaño.

Inmellorable opción de vivenda habitual e/ou segunda residencia pola súa localización excepcional.