Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Chalet adosado en Tirán (Moaña)

Ref: 3662
Adosado
201 m2 construidos.
175 m2 útiles.
20 m2 de xardín.
Bo estado
Venda: 260.000 €
Habitacións. . . . 4
Baños. . . . 2
Garaxe. . . .
Calefacción: Gas natural
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

De planta baixa, primeira planta e baixo cuberta; moi luminoso e con vistas á ría de Vigo

Descrición

Chalet adosado de aproximadamente 175 mútiles, dispoñible en venda.

Situado na baixada ao cámping de Tirán (Moaña). Moi luminoso, con vistas á ría de Vigo, nunha contorna moi tranquila, a dous minutos en coche da entrada á vía rápida do Morrazo e a cinco minutos en coche tanto de Cangas como de Moaña. Camiñando atópase a praia dá Videira a 200 m e un parque infantil e a biblioteca de Tirán a menos de 50 m.

O chalet conta con planta baixa, primeira planta e baixo cuberta. No baixo atópase o garaxe con capacidade para dous coches, un soportal cun espazo de terreo de aproximadamente 20 m2, unha habitación agora destinada a estudo e un baño con ducha. Subindo tres chanzos atopamos o salón-comedor e a cociña e unha terraza de aproximadamente 33 m2 orientada ao norte, na que se atopa un asador. Por un tramo de escaleiras interior accedemos á primeira planta, que se distribúe en tres dormitorios (dous deles con excelentes vistas á ría de Vigo e asollados todo o día e o terceiro orientado cara ao norte) e un baño con ducha. E na baixo cuberta atópase a bufarda acondicionada con plaqueta nos chans e con catro pequenos espazos. Tanto a primeira planta como a baixo cuberta contan con excelentes vistas á ría de Vigo.

A vivenda conta cunha caldeira de gas natural, tanto para a auga quente sanitaria, como para calefacción. E ademais dispón dunha cheminea de leña para quentar todo o inmoble, xa que a calor distribúese a todas as estancias.

Tanto a instalación de fontanaría, como de electricidade atópanse renovadas.