Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Apartamento a 50m da praia de Vilariño

Ref: 3670
Piso
30 m2 construidos.
Impecable
Planta 1
Habitacións. . . . 1
Baños. . . . 1
Primera liña de praia. . . .
Vistas ao mar. . . .
Calefacción: Eléctrica
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Novo e dispoñible en aluguer de tempada escolar.

Descrición

Apartamento novo en aluguer para o curso escolar: este aluguer supón o cumprimento íntegro de contrato desde o inicio do curso escolar até o mes de xuño inclusive (por tanto exclúe os meses de verán). Dispoñible a partir e principios de setembro.

Alúgase amoblado (pode incluír tv e enxoval de cociña) e o prezo é coa comunidade e o lixo incluído, quedando por conta da inquilino luz e auga (auga fría e auga quente).

Sitúase na primeira planta do edificio e está distribuído en salón-comedor e cociña americana (aberta) cunha gran ventá con vistas cara a Pinténs, un dormitorio interior (con armario encaixado pero sen xanela) e baño completo con prato de ducha (onde está a lavadora).

A auga quente é central (recibo emitido pola comunidade segundo consumo) e conta coa posibilidade de aluguer praza de garaxe por 30€ máis ao mes.

Non dispón de calefacción, rocho nin acceso por ascensor. Non se admiten mascotas.

Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. A fianza é a esixida por lei para este tipo de arrendamentos de tempada.

Consultar compatibilidade con deducións fiscais.