Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Ático con excelente ubicación en Cangas

Ref: 3672
Ático
98 m2 construidos.
Planta 5
Venda: 158.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 2
Rocho. . . .
Garaxe. . . .
Calefacción: Acumuladores
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: G

Piso no centro de Cangas, entre o Concello e a praia de Rodeira, en zona sen costas, con ascensor, garaxe e rocho.

Descrición

Ático no centro de Cangas, na rúa Canabés de Abaixo, excelente situación entre o Concello e a praia de Rodeira, á beira de todos os servizos sen necesidade de trasladarse en coche nin subir costas.

É unha vivenda de 3 dormitorios, todos eles con xanela velux e un con baño propio con ducha; cociña independente tamén con velux e acceso a un patio lavadoiro; salón comedor con xanela balconera a unha pequena terraza e outro baño xeral con bañeira.

Ten calefacción eléctrica por acumuladores e a auga quente sanitaria é por termo eléctrico.

O edificio ten ascensor, que accede ate os garaxes, e a venda inclúe praza de garaxe, rocho e mobles.