Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Nave industrial en aluguer ou venda

Ref: 3702
Nave Industriais
980 m2 construidos.
900 m2 útiles.
Venda: 250.000 €
Aluguer: 1.800 €/mes
Cual. Enerx.: Certificación pendente

En Tirán-Moaña. De 980 m2 aproximadamente, con varios espazos e zona de aparcadoiro

Descrición

Nave industrial na Carrasqueira-Tirán (Moaña) de 980 m2. aproximadamente. Actualmente estase utilizando como almacén, pero pódese utilizar para diferentes actividades.

Dispón de varios espazos para oficinas, vestiarios e baños; e conta ademais cunha zona moi ampla para exposición.

Con lugar para aparcadoiro e espazo amplo para carga e descarga.

En caso de aluguer, o inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo. O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento. A fianza é a esixida por lei de 2 mensualidades. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato.