Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso de dous dormitorios na Pedra Alta

Ref: 3725
Piso
95 m2 construidos.
74 m2 útiles.
Venda: 120.000 €
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 1
Rocho. . . .
Garaxe. . . .
Calefacción: Radiante
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Con ascensor, garaxe e trasteiro, cociña independente, salón-comedor e baño con bañeira; con todos os servizos básicos a man

Descrición

Piso na terceira planta dun edificio na avenida de Bueu, en Cangas, preto da rotonda do "mexillón" (Pedra Alta), con boa conexión tanto cara ás praias de Aldán e Hío como da vía rápido do Morrazo, rodeado de todos os servizos básicos.

Vivenda distribuída en salón-comedor, cociña independente con galería anexa, dous dormitorios con armarios encaixados e baño completo con bañeira.

As xanelas son de dobre cristal. Conta con calefacción por chan radiante e a auga quente sanitaria é por termo eléctrico situado na galería da cociña.

Ten garaxe e trasteiro ao que se accede directamente desde o ascensor.

Edificio adaptado para persoas con mobilidade reducida.