Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa para reformar con vistas en Moaña

Ref: 3752
Casa
240 m2 construidos.
99 m2 de parcela.
Para reformar
Venda: 135.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 1
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Vivenda de 3 plantas para reformar en Quintela, Moaña, con vistas á ría e leira.

Descrición

Casa en Quintela, Moaña, a poucos metros da rúa Ramón Cabanillas, para reformar, con vistas á ría de Vigo e leira.


Distribúese en 3 plantas con 3 entradas principais, unha que accede directamente á leira, outra directamente ao baixo e outra por escaleiras á 1ª planta con acceso tamén ao baixo e á leira.


Baixo sen acondicionar de 48 m2, de pedra (que constituía a vivenda principal e sobre a que se ampliou a construción, de ladrillo, con posterioridade), con xanelas e dous accesos de entrada uno directo desde a rúa e outro desde dentro da parcela (soportal); planta primeira principal, á que se accede por escaleiras, con salón, cociña independente, 3 dormitorios e un baño, todas as estancias con xanelas correderas de dobre cristal e vistas ao mar; e, desde esta primeira planta accédese á baixocuberta, sen acondicionar.


Na parte traseira (oeste) da casa hai un terreo de aproximadamente 99 m2, con pozo de auga, zonas de xardín e un lavadoiro.


A vivenda require unha reforma xeneralizada, sobre todo en planta baixa, xardín e baixocuberta xa que a planta principal leva pouco tempo deshabitada, (a cociña está en bo estado, e as xanelas cambiadas recentemente).