Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Chalé a estrear en Nerga-Hio-Cangas

Ref: 3757
Chalé Independente
150 m2 construidos.
130 m2 útiles.
400 m2 de parcela.
A estrear
Aluguer: 1.400 €/mes
Habitacións. . . . 4
Baños. . . . 4
Rocho. . . .
Garaxe. . . .
Zonas verdes. . . .
Calefacción: Radiante
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Con excelentes vistas ás Illas Cíes e asollado durante todo o día

Descrición

Chalé independente a estrear na zona de Nerga-Hío (Cangas) con excelentes vistas ás Illas Cíes e á montaña e a un minuto andando da praia de Nerga.

Distribuído en soto, planta baixa, primeira planta e zona axardinada ao redor. Esta obra nova conta con estancias espazosas, todas exteriores e moi iluminadas, incluso as orientadas ao norte.

No soto (aprox. 138 m2) atopámonos cun espazo amplo e diáfano, con instalación para unha futura cociña e unha habitación, un baño con ducha e un cuarto no que se atopa a maquinaria. Debido ao desnivel do terreo esta planta de soto remata nunha terraza a nivel de chan, desde a que se pode acceder á zona axardinada na que existe un espazo para a instalación dunha grellada.

Na planta baixa (aprox. 128 m2), temos o garaxe, moi amplo (aprox. 36 m2) no que se poden aparcar dous vehículos comodamente a cuberto e mesmo na zona de entrada, poden estacionarse dous vehículos máis. Xa entrando na vivenda, está distribuída en amplo salón-comedor desde o que se accede a unha fermosa terraza con excelentes vistas á Ría de Vigo, cociña equipada con electrodomésticos a estrear, un dormitorio ou estudo e un baño con ducha.

E a primeira planta (aprox. 108 m2) dispón de tres dormitorios e dous baños (un con ducha e o outro en suite, con bañeira). O dormitorio principal conta cun espazo para vestidor e cunha porta desde a que nos adentramos noutra terraza no máis alto do inmoble desde a que podemos agarrar as Illas Cíes e gozar da marabillosa contorna que nos rodea.

Situada nun ambiente tranquilo, esta casa atópase a un minuto andando da praia de Nerga e moi preto doutras praias de Cangas. Ademais de estar rodeada de espazos naturais, rutas para facer sendeirismo, así como miradoiros espectaculares con vistas da Ría de Vigo e as Illas Cíes.

A calefacción é a través de chan radiante. Conta cunha instalación para futura cheminea e a auga é de pozo (coa instalación preparada para a traída municipal).

Alúgase semi-amoblado e os gastos de electricidade, auga e lixo quedan por conta do inquilino. Non se admiten mascotas.

A fianza esixida por Lei é equivalente a unha mensualidade de renda. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato, así como a presentación de seguro fronte a falta de pagamentos.