Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Ático dúplex en Cangas

Ref: 3810
Dúplex
83 m2 construidos.
67 m2 útiles.
Bo estado
Venda: 187.000 €
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 2
Rocho. . . .
Garaxe. . . .
Calefacción: Eléctrica
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Moi asollado, con terraza, ascensor, garaxe e rocho

Descrición

Ático-dúplex situado na Avenida da Coruña (Cangas), moi asollado, cunha terraza de 16 m2, orientada ao sur, con moi boa conexión coa vía rápida do Morrazo.

Distribúese: na planta baixa, cociña americana equipada con todos os electrodomésticos e acolledora sala-comedor, luminosa e con saída a unha ampla terraza; e un aseo onde se atopa a lavadora.

E na planta alta atópase o dormitorio principal, un dormitorio secundario de menor tamaño e un estudo, e o baño que conta con ducha. O dormitorio principal e o estudo contan con armarios encaixados.

A vivenda dispón de ascensor, praza de garaxe e rocho.

A calefacción é por radiadores eléctricos e a auga quente sanitaria por termo eléctrico, situado no oco das escaleiras.