Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Baixo comercial na Zona Vella, Cangas

Ref: 3827
Local Comercial
48 m2 construidos.
Rehabilitada
Aluguer: 400 €/mes
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Baixo habilitado para hostelería e recén rehabilitado na Zona Vella de Cangas.

Descrición

Dispoñible en aluguer comercial este baixo rehabilitado, preparado como pub, na Zona Vella de Cangas, ao lado doutros pubs, salas de concertos, comercios de roupa e complementos, etc.

Superficie de 48 m2, en activo ate fai pouco e totalmente preparado para iniciar actividade sen necesidade de reformas nin cambios.

A renda inclúe os gastos de comunidade pero é libre de impostos, é dicir, haberá que sumarlle o IVE que corresponda (e segundo o caso deducirlle a retención por IRPF). A cargo da parte arrendataria luz, auga e lixo.

Exísense garantías de solvencia para a formalización do contrato de arrendamento. A fianza exisida por lei para este tipo de contratos é equivalente a 2 mensualidades.