Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Local comercial en Montero Ríos

Ref: 3847
Local Comercial
43 m2 construidos.
Aluguer: 600 €/mes
Baños. . . . 1
Cual. Enerx.: Pendente

Baixo comercial en aluguer, no centro de Cangas, a pé da Alameda Vella

Descrición

Dispoñible a finais de novembro.

Local comercial, dispoñible en aluguer no centro de Cangas, a pé da Alameda Vella, en zona comercial, á beira de negocios de roupa e complementos, barbaría, hostalaría, etc., a escasos minutos da Estación Marítima e do Mercado de Abastos.


Conta con entrada e escaparate á fronte da rúa Montero Ríos. A actividade anterior foi un comercio de lencería.

Local acondicionado e coas subministracións de alta.

O importe de renda é a base impoñible, débese engadir o IVE e restar a retención correspondente.

Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. Imprescindible a presentación dun seguro fronte a falta de pagamentos.

A fianza esixida é equivalente a dúas mensualidades.