Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Chalé independente na Ría de Aldán

Ref: 3851
Chalé Independente
305 m2 construidos.
206 m2 útiles.
1.900 m2 de xardín.
2.027 m2 de parcela.
Bo estado
Venda: 380.000 €
Habitacións. . . . 4
Baños. . . . 2
Garaxe. . . .
Zonas verdes. . . .
Segunda liña de praia. . . .
Calefacción: Gasoil
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

A escasos metros da praia de Menduiña e con excelentes vistas á ría, asollado e totalmente exterior

Descrición

Chalé situado no alto da praia de Menduiña, preto do centro de Aldán e da ligazón á vía rápida do Morrazo.

Trátase dunha casa totalmente exterior e moi asollada, con xardín e excelentes vistas despexadas cara á ría de Aldán. Conta con planta de soto, planta baixa, primeira planta e baixo cuberta, atopándose a vivenda principal na primeira planta, estando esta planta a nivel de chan e coa entrada principal á vivenda desde a propia leira.

Na planta de soto, de 94 m2, atópase a caldeira e depósito de gasoil e espazo moi amplo para adega, leña, etc. A planta baixa (semisótano) de 101,20 m2. dispón dunha terraza duns 39 m2 pechada cunha galería e con porta de saída ao xardín, na que se atopan dous dormitorios, un amplo salón e un baño con ducha. Ascendendo por escaleiras interiores chegamos á primeira planta, de 110,30 m2, onde se atopa o salón principal con cheminea e saída a ampla terraza de 39 m2, aberta e con excelentes vistas cara á ría de Aldán, cociña independente, dous dormitorios e un baño con bañeira. E xa por último, baixando do teito da primeira planta, temos unha escaleira plegable que nos conduce á baixo cuberta, totalmente acondicionado e tamén con excelentes vistas á ría.

Na zona exterior atopámonos cun amplo xardín, mesa de pedra con grellada e un garaxe cuberto con espazo para dous vehículos.

Trátase dunha excelente localización para segunda residencia, a un paso da praia de Menduiña e tamén para vivenda habitual.

A vivenda atópase en bo estado, interior e exteriormente e o prezo de venda inclúe a vivenda amoblada, salvo obxectos persoais.