Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso na avenida de Vigo

Ref: 3862
Piso
103 m2 construidos.
Bo estado
Planta 4
Venda: 148.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 2
Rocho. . . .
Calefacción: Radiante
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: E
Piso ideal para vivenda habitual, por tamaño e sobre todo pola súa localización á beira de colexios, gardarías e a zona vella.
Descrición

Situado ao comezo da Avenida de Vigo, á beira do colexio de Nazaret e moi preto da Compañía de María, próximo á zona vella e moi ben comunicado coa Vía Rápida e arredores.

Situado na cuarta planta do edificio, está distribuído en tres dormitorios, o principal con baño propio, baño xeral, cociña-comedor independente con lavadoiro-tendal anexo e salón con saída a unha terraza interior.

Dispón de calefacción por chan radiante eléctrico, acs por termo eléctrico, ascensor, portal de entrada accesible, e un gran rocho na planta baixo cuberta (a última planta accédese por escaleira).

Non conta con praza de garaxe, aínda que existe a posibilidade de aluguer una no mesmo edificio (o ascensor chega ao garaxe), ademáis conta coa posibilidade de aparcar na contorna do barrio de Nazaret (zona de aparcadoiro reservado) por estar considerado como residente.