Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso con balcón e garaxe en Cangas

Ref: 3989
Piso
67 m2 construidos.
Bo estado
Planta 3
Venda: 148.000 €
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 1
Rocho. . . .
Garaxe. . . .
Calefacción: Eléctrica
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Vivenda no centro de Cangas, de 2 dormitorios, con balcón e ascensor, garaxe e rocho.

Descrición

Piso situado no centro de Cangas, á beira do Centro de Saúde e preto do Concello, rodeado de supermercados, ximnasios, locais de hostalaría, etc.

Esta constituído por un salón comedor con saída a un balcón para a rúa, unha cociña independente totalmente equipada, con acceso a unha terraza pechada como galería onde está a zona de lavandaría, 2 dormitorios con armarios encaixados e 1 baño completo. As xanelas son de dobre cristal achegando un perfecto illamento. A orientación é oeste, por tanto conta con sol a partir do mediodía en todas as estancias que son á súa vez exteriores a excepción do baño.

A vivenda conta con calefacción eléctrica e a auga quente sanitaria é por termo eléctrico.

O edificio ten ascensor que accede até o soto de garaxes. Conta con praza de garaxe no soto -1 e con rocho anexo.

O prezo de venda inclúe a vivenda amoblada e con todos os electrodomésticos