Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Baixo comercial en primeira liña

Ref: 4032
Local Comercial
69 m2 construidos.
65 m2 útiles.
Para reformar
Aluguer: 1.000 €/mes
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Situación excepcional e totalmente visible
Descrición

Local comercial situado na avenida de Montero Ríos, zona excepcional e en primeira liña, rodeado de actividade comercial, totalmente visible con escaparate e fronte á Estación Marítima e de Autobuses, á beira da Alameda Vella de Cangas e do Mercado Municipal.

A pé de rúa e distribuído nun espazo aberto desde a entrada con porta, un escaparate e un aseo. Moi luminoso cara á rúa principal, orientada a Sur.

Semi-acondicionado (teito e luces), tendo que reformar as paredes e chans. Dispón de electricidade e auga.

O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo. O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.

A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. Preferible a presentación de aval bancario ou garantía similar.