Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso de 3 dormitorios ao lado do Auditorio de Cangas

Ref: 4053
Piso
102 m2 construidos.
Bo estado
Planta 2
Venda: 165.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 2
Trasteiro. . . .
Garaxe. . . .
Calefacción: Acumuladores
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: E

Piso amplo, de 3 dormitorios e 2 baños, con ascensor, garaxe e rocho, en bo estado e no centro de Cangas.
Descrición
Vivenda sita na Avda. de Lugo, á beira do Auditorio Municipal de Cangas, con bo acceso á Zona Vella de Cangas pola rúa San Xosé e a pé da Avda. da Coruña, que dá acceso á Vía Rápida. Está preto de colexios (Compañía de María e CEIP Nazaret), a 7 minutos a pé do Mercado Municipal e a 11 minutos da Estación Marítima.

Conta cun salón comedor moi amplo; unha cociña independente totalmente equipada; 3 dormitorios, un deles principal, exterior e con baño propio con bañeira; os outros dous a patio de luces; un baño xeral tamén con bañeira e unha zona de lavadoiro, con acceso desde o recibidor, onde se atopa a lavadora, o termo para o auga quente sanitaria e unha zona de tendal a patio de luces.

As xanelas son corredoiras de dobre cristal en toda a vivenda. Conta con calefacción por acumuladores eléctricos.

O edificio conta con ascensor que chega até a planta soto onde se atopan garaxes e rochos.

A vivenda véndese semiamoblada e con praza de garaxe e rocho.

Excelente opción para vivenda habitual, por tamaño e situación.