Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Local comercial en pleno Casco Vello de Cangas

Ref: 4110
Local Comercial
70 m2 construidos.
68 m2 útiles.
Acondicionado
Aluguer: 550 €/mes
Cual. Enerx.: D

De aproximadamente 70 m2, acondicionado, cun aseo e nunha zona moi comercial como é a Rúa do Sol

Descrición

Local comercial facendo esquina entre a Rúa do Sol e Rúa Nova, en pleno Casco Vello de Cangas, nunha zona moi comercial e con movemento de persoas, tanto de mañá como de tarde.

De aproximadamente 70 m2, cun espazo pechado para almacén e un aseo.

Totalmente acondicionado, con luz e auga dadas de alta e licenza en vigor.

Dispón de catro xanelas para escaparates, visibles desde ambas as rúas e con todos os servizos a man.

A renda inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.

O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo.

A fianza esixida é de 2 mensualidades de renda. Pódense esixir garantías adicionais de solvencia para a formalización do contrato.