Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Oficina no Eirado do Sinal, Cangas

Ref: 4116
Oficina
32 m2 construidos.
Bo estado
Planta 1
Aluguer: 375 €/mes
Amoblado. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Despacho dispoñible en alugueiro, nunha primeira planta, no centro de Cangas, no Eirado do Sinal.

Descrición
Oficina dispoñible para alugueiro comercial, sita no Eirado do Sinal, na Zona Vella, na primeira planta dun edificio sen ascensor, cunha localización excepcional, céntrica, moi transitada (peatonal), en zona comercial (zapatería, cafeterías, tapería, comercio téxtil, xeadaría, hotel, supermercado, etc.) e con orientación sur á propia praza.

A oficina está acondicionada e conta con despacho totalmente exterior, aseo (compartido coa oficina continua) e unha estancia interior para almacén, sala de espera, archivador, etc.

A parte arrendataria debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo (consultar). Ao prezo hai que engadirlle IVE e restarlle retención en IRPF que corresponda en cada momento.

Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato de aluguer. A fianza esixida para alugueres comerciais é equivalente a dúas mensualidades de renda.