Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso impecable preto da praia de Rodeira

Ref: 4144
Piso
79 m2 construidos.
Bo estado
Planta 1
Aluguer: 400 €/mes
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 1
Trasteiro. . . .
Garaxe. . . .
Segunda liña de praia. . . .
Calefacción: Acumuladores
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Piso en aluguer para tempada escolar con garaxe, rocho e ascensor

Descrición

Aluguer de tempada para o curso escolar: este aluguer supón o cumprimento íntegro de contrato desde o inicio do curso escolar até o mes de xuño inclusive (por tanto exclúe os meses de verán).

Vivenda moderna de dous dormitorios, salón, cociña independente e un baño con bañeira. Todo exterior, salvo o baño.

O edificio conta con ascensor, praza de garaxe e rocho.

No centro urbano de Cangas, a cinco minutos andando da praia de Rodeira e de todos os servizos.

Non se admiten mascotas.

Esíxense garantías de solvencia para ao a formalización do contrato. A fianza é a esixida pola Xunta para este tipo de contratos (consultar).

Alúgase amoblado e o prezo é coa comunidade incluída, quedando por conta da inquilino luz, auga e lixo. Compatible con deducións fiscais.