Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso para reformar con balcón, terraza e leira

Ref: 4151
Piso
91 m2 construidos.
33 m2 de xardín.
Para reformar
Planta 1
Venda: 100.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 1
Cual. Enerx.: G

Amplia vivenda para reformar en Cangas, na Avda. de Lugo, con balcón, terraza e leira propia.

Descrición
Na primeira planta dun edificio da Avda. de Lugo, atópase esta vivenda para reformar, soleada e cunha excelente situación, próxima a todos os servizos na rúa San José, xunto ao Auditorio Municipal e a 4 minutos do supermercado Froiz, cunha excelente comunicación coa vía rápida.

A vivenda ten 91 m² construídos, distribuídos en salón-comedor con balcón de 4 m², cociña independente, 3 dormitorios e 1 baño, todo a reformar; con novas fiestras de dobre acristalamento en toda a casa excepto na sala de estar.

Unha terraza de 6,80 m² na entrada e unha leira de 33 m² tamén orientada ao sur, moi soleada todo o día, son de uso exclusivo da vivenda.

Excelente oportunidade como residencia habitual polas dimensións e situación, con parcela exterior e terraza para gozar, no centro de Cangas.