Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Terreo edificable en San Roque, Cangas

Ref: 4159
Parcela
949 m2 de parcela.
Venda: 70.000 €

Parcela edificable en San Roque, Darbo, de 949 m², chá e asollada, en zona tranquila e cercana ao centro de Cangas, inscrita no Rexistro da Propiedade.

Descrición
Véndense dúas parcelas que, xuntas, cumpren as condicións de edificabilidade, na zona de San Roque, Darbo, xusto ao lado dos petróglifos do Cristo da Laxe, preto do colexio de San Roque, do pavillón de O Gatañal e a 5 minutos en coche do núcleo urbano de Cangas.

Totalmente chairas e soleadas ata última hora do día, situadas nunha zona moi tranquila, próxima ao centro de Cangas e ben comunicada coa zona de Hío e Aldán.

As parcelas requiren agrupación, formando en conxunto unha única finca cunha superficie total de 949 m².

Superficie de parcela bruta segundo normativa SNUN: 762 m².

Superficie de parcela neta: 699 m².

Superficie de cesión para viarios: 63 m².

Superficie de solo rústico: 187 m².

Está permitida a construción dunha vivenda unifamiliar de planta baixa e primeira planta, cunha altura máxima de 7 metros, ocupación máxima (sobre parcela neta) do 30 %, separación mínima a lindeiros de 3 metros, 4 metros ao eixo da vía pública, fronte mínima esixible de 12 metros e parcela mínima de 472 m².

Contan con proxecto básico e medición topográfica. Terreos inscritos no Rexistro da Propiedade.

(A torre de media tensión que se observa nas imaxes atópase fora desta parcela)