Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Ático para reformar á venda en Cangas

Ref: 4257
Ático
89 m2 construidos.
Para reformar
Planta 4
Venda: 90.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 1
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Na Av. de Lugo. Excelente oportunidade para vivenda propia ou para investimento.

Descrición

Lares vende ático para reformar situado na Avenida de Lugo, en Cangas, no contorno do Auditorio, con excelente comunicación e a un paso do centro.

Este ático, situado na cuarta planta dun edificio sen ascensor, conta cun amplo balcón con acceso desde o salón, unha espazosa cociña independente, 3 habitacións e un baño con bañeira.
O salón e a cociña están orientados ao norte e dúas das habitacións ao sur, desde as que se pode ver a Ría de Vigo ao fondo.

O piso necesita unha reforma, o cal representa unha excelente oportunidade tanto para aqueles que buscan unha vivenda propia como para investimento.

A vivenda dispón de todos os servizos á man: atópase a 200 metros do Centro de Saúde; a menos de 500 metros de supermercados, tendas de alimentación, farmacias, colexios; a 600 metros da estación de autobuses e da estación marítima, etc.