Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Dous pisos e un local en Meira, Moaña

Ref: 4326
Piso
285 m2 construidos.
Venda: 320.000 €
Habitacións. . . . 7
Baños. . . . 3
Segunda liña de praia. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Á venda esta propiedade formada por 2 pisos habitables e un local comercial para reformar, situada en Meira, Moaña, ao lado da praia e con bo acceso a Vigo.

Descrición
Propiedad situada en Meira, a pé de estrada xeral, ao carón da praia e perfectamente comunicada con Vigo. Ideal como investimento, con 2 plantas habitables como vivenda, listas para rendir e un local comercial en planta baixa para reformar.

Conta con 3 plantas, inscritas no Rexistro da Propiedade como fincas rexistrais independentes, cada unha delas con acceso propio e entrada particular, que se distribúen do seguinte xeito:

- Planta baixa: para reformar completamente. Antigamente era un bar e continúa no mesmo estado, con terraza dianteira e cunha construción auxiliar que poderían destinarse a aparcamento e patio traseiro con baños e almacén.

- Planta 1ª: en bo estado xeral. Vivenda moi ampla de 3 dormitorios, sala, almacén, cociña independente con acceso a un gran patio traseiro cuberto e 1 baño completo interior e outro no patio.

- Planta 2ª: habitable pero require unha posta a punto xeral. Vivenda ampla, con sala con balcón orientado ao sur, 3 dormitorios, cociña independente desde a que se accede á planta baixo cuberta (co tellado en bo estado) e baño completo.

A propiedade ofrece inmobles para os que hai unha altísima demanda: pisos de gran tamaño, con balcón e boa orientación sur, situados en zona ben comunicada e preto do mar.

Non ten terreo.