Piso para reformar, con balcón e vistas, amplo de 3 dormitorios en San Roque, Cangas.
Descrición
Piso
amplo e soleado en San Roque, a un paso da zona de Masó e das praias de Areamilla. Situado nunha
zona tranquila, sen ruídos e con posibilidade de baixar camiñando ao centro de Cangas.
Trátase dun
terceiro andar sen ascensor, nun edificio de catro plantas con só dúas vivendas por planta. A vivenda está para
reformar, cunha distribución actual de tres dormitorios, salón amplo con
balcón, cociña independente e baño con prato de ducha.
Dispón de
armarios encaixados e estancias amplas.
O piso conta con
vistas ao mar e unha excelente orientación, o que lle proporciona moita luz natural durante todo o día. A estrutura do edificio, con vigas transversais no canto de columnas, permite modificar a distribución segundo as necesidades.
Non dispón de ascensor, garaxe nin rocho, pero atópase nunha localización cómoda, ao carón do supermercado Lidl e con todos os servizos preto.
Unha vivenda con
moitas posibilidades de reforma nunha zona ben situada e tranquila.