Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Estupenda vivenda independente en Aldán

Ref: 4439
Chalé Independente
180 m2 construidos.
123 m2 útiles.
2.000 m2 de parcela.
Bo estado
Venda: 390.000 €
Habitacións. . . . 4
Baños. . . . 2
Trasteiro. . . .
Garaxe. . . .
Zonas verdes. . . .
Calefacción: Gasoil
Piscina privada. . . .
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

De planta baixa, con catro dormitorios, leira e piscina

Descrición

Preciosa casa de planta baixa situada en Aldán, na zona de Herbello, moi preto das praias da zona, da ligazón á Vía Rápida do Morrazo e con espazos naturais e carreiros ao seu ao redor.

Atópase distribuída en catro dormitorios, ampla cociña independente, salón e dous baños, ambos con ducha.

As estancias (incluídos os baños) son todas exteriores.

Ademais conta con xardín, varios galpóns independentes, adega, zona de asador-grellada, con terraza, tendedero e piscina privada de lona, todo iso rodeado de natureza e espazos verdes.

A vivenda atópase en perfecto estado e preparada para entrar a vivir nela.

Dispón de garaxe cuberto para tres vehículos, aínda que hai espazo para varios vehículos máis ao descuberto.

A calefacción e o ACS (auga quente sanitaria) son por caldeira de gasoil.

O sistema da auga é a través de pozo propio.

Excelente localización para primeira ou segunda residencia, pola súa tranquilidade, luminosidade e vistas.