Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Parcela edificable con vistas ao mar en Meixueiro

Ref: 4443
Parcela
575 m2 de parcela.
Venda: 85.000 €

Terreo urbano con 575 m², boa orientación e vistas ao mar. Ideal para construír vivenda unifamiliar.

Descrición

Terreo urbano de 575 m² con lixeira pendente e vistas ao mar, situado en Meixueiro (Moaña). Ten acceso directo por rúa asfaltada nunha zona tranquila de vivendas unifamiliares.


Distribuído en varios niveis, permite un proxecto con zonas axardinadas ou terrazas, aproveitando ao máximo o desnivel e as vistas.


Solar clasificado como solo urbano, cunha forma regular e totalmente pechado con muro perimetral.


A 4 km do centro de Moaña e a 22 km tanto de Vigo como de Pontevedra. Boa conexión á vía rápida. Unha ubicación práctica e con vistas abertas.


Ideal para autopromotores ou como investimento. Unha oportunidade para construír unha vivenda personalizada nun entorno tranquilo.