Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Solar edificable en Cangas

Ref: 4452
Parcela
430 m2 de parcela.
Venda: 116.000 €

Asollado e nunha zona moi tranquila e apracible

Descrición

Parcela edificable de 430 m2, moi preto do centro do pobo, asollada e nunha zona residencial moi tranquila e apracible.

Con boa comunicación coa Vía Rápida do Morrazo e próxima a todos os servizos.

A parcela atópase rexistrada.

Tamén ten xa realizadas as cesións ao Concello, instalacións de subministracións e acometidas, o que se traduce nunha diminución e aforro nos futuros gastos.

A parcela atópase cercada por un muro de formigón que a circunda, o que representa unha redución nos custos operativos, supondo un menor impacto económico na futura vivenda.