Descrición
Casa á venda en
Coiro, na zona da Boubeta, con fermosas vistas despexadas a campos, con sol todo o día pola súa orientación
suroeste, nunha zona moi
tranquila e, ao mesmo tempo, moi preto do núcleo urbano de Cangas, da praia, do acceso á Vía Rápida e de todos os servizos necesarios.
A casa precisa reforma interior e acondicionamento xeral, pero conta con 3 plantas, sendo completamente independente a planta baixa do resto da vivenda, o que permite habitar de forma autónoma dentro da mesma propiedade.
A planta
baixa conta con uns
102 m², polo que resultaría unha vivenda ampla, de ata 3 dormitorios, con acceso a un
xardín dianteiro moi soleado e a un pequeno
patio traseiro.
A
primeira planta, coa mesma superficie, tamén permite unha vivenda de gran tamaño e ademais comunica interiormente coa planta baixocuberta, que se pode destinar a vivenda ou deixar como almacén.
O acceso á primeira planta pode ser por rampla ou por escaleiras: as escaleiras levan directamente á entrada principal e a rampla ao fermoso
xardín á mesma altura da planta, rectangular e chan, íntimo e soleado, con
lavadoiro e construción auxiliar. Ademais, desde o xardín hai outra entrada cuberta para esta planta.
O estado interior está para
reformar, polo que se pode redistribuír ao gusto, cambiando ou ampliando estancias.
Conta con garaxe.
A zona é moi demandada pola súa proximidade ao centro, ademais de contar con finca e boa orientación.