Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Vivenda á venda con vistas á Ría

Ref: 4463
Ático
114 m2 construidos.
Para reformar
Planta 6
Venda: 210.000 €
Habitacións. . . . 4
Baños. . . . 2
Trasteiro. . . .
Garaxe. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Piso situado no centro de Cangas con ascensor, garaxe e rocho

Descrición

Piso para reformar, situado na Avenida de Bueu (Pedra Alta) en Cangas, moi céntrico, con todos os servizos a man e ao mesmo tempo, ben comunicado coa vía rápida do Morrazo. Moi próximo á Estación Marítima e de Autobuses e tamén ás praias de Ou Salgueirón, A Congorza e Areamilla.

Entrando na vivenda, atopámonos cun gran recibidor, cociña independente e salón-comedor, ambas as estancias amplas e con portas de saída cara a unha terraza orientada ao sur, moi asollada e con vistas ao mar; continuando cara a un corredor distribuído en catro dormitorios, dous baños (ambos con bañeira) e un lavadoiro con tendal a patio interior cuberto, do que se desprende moita luz, por ser o último piso do edificio.

O edificio conta con ascensor (até o quinto, tendo que subir un dos pisos por escaleiras), praza de garaxe e rocho (aos cales chega o ascensor).

Non dispón de calefacción e o ACS (auga quente sanitaria) é por gas butano.

O inmoble ten moitísimas posibilidades, unha vez reformado, para dispor dunha vivenda acolledora e moi luminosa, podendo gozar na terraza das marabillosas vistas á ría de Vigo.