Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Chalé con xardín, terrazas e garaxe en Coiro

Ref: 4464
Chalé Independente
321 m2 construidos.
400 m2 de parcela.
Impecable
Venda: 470.000 €
Habitacións. . . . 4
Baños. . . . 3
Trasteiro. . . .
Garaxe. . . .
Zonas verdes. . . .
Calefacción: Pellets
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Xardín, dúas terrazas e garaxe amplo. Casa luminosa, con distribución práctica e espazos interiores e exteriores cómodos.

Descrición

Deseñada polo arquitecto Rodrigo Currás, foi recoñecida no certame Arquitectura en Positivo polo seu deseño contemporáneo e aproveitamento do espazo.

Con xardín, dúas terrazas e garaxe para varios coches. Ideal para familias que buscan luz e espazo exterior.

A casa organízase en catro plantas con excelente aproveitamento e zonas exteriores moi cómodas.

Na planta baixa está o salón con cheminea e ventanal amplo, unha cociña con illa, un dormitorio e un baño con ducha. Desde a cociña accédese directamente ao xardín.

O salón conta con portas corredeiras que permiten illalo da zona de cociña-comedor ou manter todo unido.

Na primeira planta hai tres habitacións e dous baños, un deles en suite con vestiario. Desde dúas habitacións accédese a unha terraza ampla con vistas ao xardín.

A planta superior ofrece un espazo multiusos cuberto e unha gran terraza con vistas despexadas, co mar ao fondo.

No soto hai un garaxe amplo, instalacións e zona de lavandaría.

Excelentes calidades. Calefacción eléctrica e caldeira de pellets. Todas as estancias son exteriores.

A auga quente sanitaria é mediante termo eléctrico.

Conta con pozo propio e está conectada á rede de alcantarillado municipal.

Situada a só 1 km do centro de Cangas, a 30 km de Pontevedra e a 27 km de Vigo.

Ubicación tranquila en Coiro, ben comunicada co centro de Cangas.