Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Parcela edificable en Cangas

Ref: 4465
Parcela
1.005 m2 de parcela.
Venda: 135.000 €

De aproximadamente 1.005 m2, moi asollada e chaira
Descrición

Parcela edificable á venda en Coiro (Cangas), moi preto do centro do pobo e con todos os servizos a man.

De aproximadamente 1.005 m2. Atópase nunha zona moi tranquila, asollada e chaira.

Nunha contorna moi apracible para a futura construción da súa vivenda.

Con excelente orientación e acceso rodado, preséntase como unha oportunidade ideal para construír unha vivenda unifamiliar.

A leira ofrece un espazo amplo e versátil para desenvolver un proxecto a medida, con xardín, horto ou zona de lecer.

Un lugar perfecto para vivir ou desconectar, rodeado de natureza pero coa comodidade de ter os servizos preto.