Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa de planta baixa en Nerga, Cangas

Ref: 4469
Chalé Independente
144 m2 construidos.
943 m2 de xardín.
1.097 m2 de parcela.
Bo estado
Venda: 360.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 1
Trasteiro. . . .
Garaxe. . . .
Zonas verdes. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Preciosa vivenda de planta baixa na zona de Nerga, Cangas, con 3 dormitorios e garaxe, en zona verde moi próxima ás praias.

Descrición
Casa de planta baixa en Nerga, Cangas, zona privilexiada e tranquila, rodeada de natureza e moi preto das praias da zona.

Vivenda práctica e funcional, con todas as estancias exteriores e distribuídas nunha única planta, na que se atopan un salón comedor, cociña independente, 3 dormitorios e un baño completo.

O acceso á vivenda realízase desde o recibidor de entrada e tamén desde unha porta lateral con acceso á cociña. Ademais, conta cun bonito porche cuberto na fachada principal, ideal como terraza.

Non conta con calefación.

A maiores, dispón dunha construción auxiliar destinada a garaxe, onde tamén se atopa unha grellada, almacén e lavandaría.

Todo isto nunha preciosa finca ampla, con árbores froiteiras, arbustos, flores e moita zona verde. Enclave espectacular nunha das mellores zonas do Morrazo e vivenda ideal dunha soa planta.