Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso en alugueiro en Cangas.

Ref: 4555
Piso
76 m2 construidos.
Bo estado
Planta 1
Aluguer: 500 €/mes
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 1
Garaxe. . . .
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Alugueiro por curso escolar. Disponible a partir de setembro. De dous dormitorios, con ascensor e praza de garaxe.

Descrición

Dispoñible en alugueiro por curso escolar. Situado preto da rotonda do Mexillón, con servizos básicos como supermercado e farmacia nas proximidades.

Este alugueiro supón o cumprimento íntegro do contrato desde o inicio do curso ata o mes de xuño inclusive (polo tanto, exclúe os meses de verán).

Distribúese en salón-comedor totalmente exterior, con grandes ventás que achegan luz natural; cociña independente e totalmente equipada, cunha gran cristaleira que dá ao salón para gañar luminosidade. Conta con dous dormitorios que dan a un patio interior (un deles con acceso directo á zona de lavandería) e un baño con prato de ducha.

Situado na primeira planta do edificio, dispón de ascensor e praza de garaxe. Non ten calefacción nin rocho.

Alúgase amoblado e o prezo inclúe a comunidade, quedando por conta do inquilino luz, auga e lixo.

Non se admiten mascotas.

Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. A fianza é a esixida pola lei para contratos de tempada (consultar). Compatible con deducións fiscais.