Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso impecable á venda en Cangas

Ref: 4578
Piso
70 m2 construidos.
Impecable
Planta 3
Venda: 240.000 €
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 2
Trasteiro. . . .
Garaxe. . . .
Calefacción: Eléctrica
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

En pleno centro, con ascensor, garaxe e rocho
Descrición

Piso á venda no centro de Cangas, con todos os servizos a man e con boa comunicación por estrada.

Nun estado impecable, preparado para entrar a vivir, tanto como vivenda habitual como de segunda residencia.

Nunha contorna residencial e apracible. Ademais, o baixo comercial do edificio alberga unicamente oficinas, o que garante unha maior tranquilidade.

Distribúese en dous dormitorios, cociña independente e completa, amplo salón-comedor con saída cara a unha coqueta terraza e dous baños (ducha e bañeira).

Ademais, a inmoble conta con ampla praza de garaxe (moi cómoda), rocho e ascensor, que chega até o garaxe.

A calefacción é por radiadores eléctricos e o ACS (auga quente sanitaria) por termo eléctrico.

Un fogar no centro do pobo onde gozar da comodidade do día a día, con todos os servizos próximos e a versatilidade de converterse en residencia habitual ou nun acolledor refuxio de tempada.