Local situado nun edificio de nova construción na zona da Avenida de Lugo, concretamente en Rúa Andalucía. Rúa de dobre dirección cara a Avenida de Lugo e cara a rúa San José, fronte a Servizos Sociais e á beira de Notaría de Cangas.
Baixo comercial en esquina e a nivel da beirarrúa, con 26 m de fachada exterior, moi visible, con grandes ventás, e 4m de altura libre interior de chan a teito.
Actualmente atópase parcialmente acondicionado, quedando pendente a instalación de falso teito (co seu correspondente illamento), chan técnico e acabados interiores (en baños, instalación eléctrica, etc.).
En caso de aluguer poderíase terminar de preparar segundo a actividade a desenvolver e duración, o que supón para o inquilino un gran aforro no investimento inicial. Prezo non pechado, a negociar.
Posibilidade de incluír o local contiguo de 109 m2 e 30 m de fachada exterior (con 5,4 m de altura interior), resultando un baixo de 250 m2 totais.
Consultar condicións de venda e/ou aluguer conxunto.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno