Piso situado na Zona Vella de Cangas, con vistas, en pleno centro e con todos os servizos á man.
Trátase dunha vivenda totalmente exterior que conta con 3 dormitorios, todos con vistas despexadas cara á Zona Vella e á ría e con armarios encaixados, 2 baños completos (un con ducha e outro con bañeira), salón-comedor amplo e tamén con vistas, e unha cociña independente e equipada con zona de lavandaría orientada á rúa da Paz.
Conta con ventás de dobre cristal e oscilobatentes para un bo illamento térmico e acústico.
A auga quente sanitaria é mediante butano e ten calefacción por acumuladores.
O edificio dispón de ascensor con acceso ao garaxe e rocho. Ademais, conta co uso e goce dunha pequena zona de horta, xardín e tendal comunitario con acceso dende o semisoto.
Non se admiten mascotas.
Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato, sendo imprescindible a presentación dun Seguro fronte a Impagos. A fianza esixida é dunha mensualidade máis media mensualidade como garantía adicional.
A parte arrendataria farase cargo dos gastos de luz e auga.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno