Está situado nunha zona peonil, con bo acceso e transitada xa que está enfronte do concello de Cangas. Está, por tanto, no centro.
O local está dividido en varias estancias. As dous principais e ademáis unha pequena oficina e un cuarto de baño. O local está na entreplanta e non ten ascensor. Está baleiro, por tanto necesita reformas para acondicionar o novo negocio. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. Preferible a presentación de aval bancario ou garantía similar.
O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.
O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo.
A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno