Local comercial en esquina entre a Rúa do Sol e a Rúa Nova, en pleno Casco Vello de Cangas, nunha zona moi comercial e transitada da localidade.
Cunha superficie aproximada de 70 m², conta cun espazo pechado para almacén e un aseo.
Totalmente acondicionado, con luz e auga dadas de alta e licenza en vigor.
Estivo en activo ata hai uns días como comercio de roupa e complementos.
Dispón de catro ventás para escaparates, visibles desde ambas as rúas.
A renda inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención de IRPF que corresponda en cada momento.
A persoa inquilina deberá facerse cargo dos recibos da luz, da auga e do lixo.
A fianza esixida é de 2 mensualidades de renda. Poderanse esixir garantías adicionais de solvencia para a formalización do contrato.
En Lares non cobramos honorarios á parte inquilina.
O prezo publicado non inclúe o IVE nin, se é o caso, a retención a conta do IRPF, segundo a normativa fiscal vixente.
A información deste anuncio é de carácter informativo e non contractual. Pode conter erros, cambios de prezo ou ser retirada sen aviso previo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno