Vivenda unifamiliar ubicada a pé da Avenida de Vigo, a poucos minutos do núcleo urbano. Nunha urbanización con zonas de apardoiro, campo de futbol / tenis e vistas á Ría de Vigo.
Casa composta por planta baixa, primeira planta e baixo cuberta, con tódalas estancias exteriores.
Na planta baixa atópanse o salón, moi amplo e luminoso, a cociña-comedor, un baño con bañeira e un pequeno rocho.
Na primeira planta están as 4 habitacións, tres delas con armarios encaixados; unha pequena zona de escritorio e un baño común.
Dende a primeira planta accédese, mediante unha escaleira no teito, ao baixo cuberta, actualmente empregado como faiado.
Ademais, a casa conta cunha zona exterior cuberta contigua á cociña que se pode empregar como comedor nos meses máis calurosos, na que atopamos tamén unha grella de obra.
A vivenda atópase nunha urbanización tranquila, con diferentes zonas comúns como campo de fútbol sala / tenis. Ademais ten 3 zonas de aparcadoiro diferentes de uso común exclusivo.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno